Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

María Oruña presenta no Meirande o seu último éxito “O Albatros negro”

albatros

O museo de Rande acolle este xoves ás 19:00 horas a presentación da última novela de María Oruña, unha novela histórica de misterio e aventuras que se move entre o Vigo de 1700 e o Vigo actual. Con referencias á batalla naval de Rande mergúllanos na historia da xoven Miranda de Quiroga a finais do século XVII e principios do XVIII e as investigacións do subinspector Pietro Rivas e a extravagante inspectora de patrimonio, Nagore Freire.

Un thriller que ten cativado a centos de lectores e que vai xa pola súa cuarta edición logo da súa publicación en marzo deste mesmo ano. A historia móvese entre dúas épocas: unha anciá historiadora naval podería ter a clave para localizar un dos tesouros máis codiciados das profundidades do océano atlántico, pero morre de súpeto en estrañas circunstancias. Pietro Rivas, un subinspector que acaba de chegar a Vigo, será o encargado de investigar o caso xunto con Nagore Freire, unha extravagante inspectora de Patrimonio. A clave podería estar na historia do galeón Albatros Negro e na historia dunha entomóloga do ano 1700.

Oruña recoñece a dificultade que supuxo asentar a historia no século XVIII debido á ausencia de documentación en torno á forma de falar e de vivir da xente nesa altura en Redondlea e Vigo.

Un relato en dous tempos, que viaxa entre o pasado e o presente sen perder un ritmo trepidante propio dos thrillers e as novelas policíacas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará