Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian o vertido de material de construción nos contedores do lixo

contenedor

O Concello de Pazos de Borbén amosa o seu malestar ante un novo acto incívico que se ven detectando nos últimos días en varios contedores do municipio, onde apareceron restos de material de obra. Trátase de vertidos ilegais que supoñen ademais un gasto extra para o concello, xa que se a xestión do lixo págase por peso. Dende o goberno instan a veciñanza a achegar información sobre o posible autor ou autores dos vertidos xa que hai unha investigación aberta para a súa identificación. 

O Goberno local amosa o seu “profundo malestar” diante dun novo acto incívico detectado nos últimos días en varios contedores do municipio onde foron depositados grandes cantidades de anacos de formigón e restos procedentes dunha obra. Os restos foron distribuídos en diferentes colectores do municipio. Lembran dende o Concello que este tipo de residuos non se poden tirar nos contedores de lixo doméstico baixo ningún concepto e alertan das consecuencias deste tipo de condutas. Por unha banda poden provocar avarías no camión do lixo xa que estes materiais poden romper a prensa hidráulica. Unha avaría deste tipo implicaría deixar o servizo parado durante días, ademais dun custo económico moi elevado.

Por outra banda, este tipo de comportamentos teñen unha consecuencia directa no prezo da xestión do lixo, xa que o concello paga arredor de 100 euros por tonelada. O formigón é un material moi pesado que incrementa notablemente o peso do lixo recollido “un gasto que, ao final, repercute en todas as veciñas e veciños”.

Reiteran unha vez máis que os restos de obra deben levarse ao punto de xestión correspondente, nunca a un contedor de recollida do lixo doméstico.

Engaden que a día de hoxe estase a investigar o acontecido co obxecto de identificar a persoa ou persoas autores destes actos incívicos para aplicar as medidas oportunas. Por este motivo solicitan tamén a colaboración cidadá e que, se alguén viu algo ou pode achegar información se poña en contacto co concello de xeito confidencial para tentar atallar estes comportamentos que prexudican ao ben común e ao correcto funcionamento dos servizos municipais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. En Redondela, tamen estanse a tirar neumaticos fora de uso, tanto dentro como fora dos contenedores, garrafas de aceite motor usado, electrodomesticos, mobles, de todo no interior e exterior dos contenedores. Se cadra os cidadáns mais irresponsables e incivicos, sexan os que mais poñan o grito no ceo polo incremento da taxa do lixo, pola sua falta de empatia, civismo, convivencia. Dende os Concellos non se fai un seguemento nin preocupa o asunto, mais aló de dous telediarios. Os infractores, sabeno!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará