Últimos días para solicitar unhas subvención que poden chegar ata os 3.000 euros e que buscan axudar ás comunidades e prestar este servizo fundamentas en moitas parroquias e barrios do concello.
Estas subvencións están deseñadas para cubrir gastos correntes do ano 2024 das comunidades que contribúen ao seu funcionamento. Son gastos subvencionables servizos básicos como electricidade, mantemento e reparacións de tuberías, bombas e equipos, servizos contratados de analíticas ou cloro, seguro de danos e responsabilidade civil, impostos relacionados coa propiedade e funcionamento da comunidade, gastos de asesoría, xestoría ou consultoría.
As bases desta convocatoria publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o 24 de novembro, e o prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOPPO. A tramitación farase exclusivamente a través da sede electrónica do Concello de Redondela









