Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada sen puntos no fútbol sala local

WhatsApp Image 2025-11-24 at 15.23.20 (2)

Xornada negra para o fútbol sala: os catro equipos representantes en competición voltaron sen puntos, sumando un balance de cero e vendo como a clasificación se aperta perigosamente nas zonas medias e baixas da táboa.

Terceira División Nacional: Redondela F.S. Rodavigo – Marín futsal (3-5)

O Redondela FS caeu no seu pavillón ante un dos equipos máis potentes da categoría, o Marín Futsal, terceiro clasificado. A pesar de comezar dominando o partido e adiantarse no marcador, os locais non puideron conter a reacción do rival, que acabaron impoñéndose con autoridade (3-5). Goles locais: Mario (2’), Miguel (10’) e Óscar (36’).

Con esta derrota, o Redondela mantense na 13ª posición, cada vez máis preto da zona perigosa. A próxima xornada visitan ao CD Composal, actual líder invicto da categoría.

Terceira División Nacional: S.D. Pazos de Borben FS   –  Carballiño F.S. (2-6)

Duro golpe para os vermellos nunha fría tarde de sábado. O Pazos nunca estivo cómodo sobre a pista e o conxunto ourensán soubo aproveitar as súas ocasións para levarse os tres puntos con claridade (2-6). Goles locais: Simón e Jacobo.

Tras o partido, o club quixo destacar o apoio incondicional da súa afección a través das redes sociais: “Quen non fallou foi a que nunca falla: a nosa afección. A pesar do horario, do frío, da chuvia e das múltiples festas de cumpreanos… volveu acudir a animar e, mesmo nos peores momentos, achegounos a intentar sumar algo positivo”.

Con esta derrota, o Pazos cae ata a 10ª praza. A vindeira semana visitan ao filial do Lugo Sala, rival directo na loita pola permanencia.

Preferente: Campito Chapela F.S. – Pizarra los Tres Cuñados F.S. (2-4)

O Campito Chapela non puido co líder da categoría. Os redondeláns loitaron, pero acabaron cedendo ante o Pizarras Los Tres Cuñados (2-4) e descenden ata o 10º posto da táboa. Goles locais: Brayan e Pedro.

A próxima xornada visitan ao FS As Neves, pechacancelas da categoría e moi necesitado de puntos.

 Primeira: ES Coruxo FS “B” – Arealonga FS Chapela (4-1)

O Arealonga FS Chapela perdeu contra o IES Coruxo B como visitantes (4-1). Sitúanse de décimo terceiros e necesitados de puntos, a próxima xornada reciben ao CD A Paz FS.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará