Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior prepárase para “Vivir o Nadal”

vivir o nadal

Soutomaior inicia o Nadal cunha ampla programación de actividades que se irán desenvolvemento desde o 5 de decembro ata o 10 de xaneiro. Entre as citas máis salientables destacan a visita do Apalpador, o Grinch e Papá Noel, a celebración da carreira de San Silvestre, a festa de fin de ano e a tradicional Cabalgata de Reis.  As actividades centrais desenvolveranse nunha carpa instalada na Alameda de Talo Río. O arranque oficial será co acendido das luces o sábado día 6.

Con todo, xa o día 5 celebrarase unha primeira actividade: un charla coloquio sobre eurodiversidade a cargo de David Barbosa. Ao día seguinte terá lugar un dos actos máis agardados, o acendido das Luces que, este ano, contarán coa colaboración da Asociación Bicos de Papel, un espectáculo de rúa a cargo de Troula Animación, a actuación musical da Orquestra de camarote Bande e o mercado de Nadal das Anpas.

Outra das grandes cita do programa será a festa de fin de ano co Trío Tic Toc e YayaDJ que amenizarán a entrada no 2026. Un Nadal onde Soutomaior tamén contará coa tradicional cabalgata de Reis na tarde do 5 de xaneiro. 

Baixo o lema “Vivir o Nadal en Soutomaior”, inclúese tamén no programa sorteos de vales de 100 euros entre a clientela que faga as súas compras no comercio e na hostalería local desde o 5 de decembro de 2025 ata o 7 de xaneiro de 2026, ambos incluídos) e se promoven tamén actividades deportivas como a carreira do San Silvestre que se desenvolverá o sábado 27 de decembro con inscricións abertas do 10 ao 21 de decembro.

Un Nadal no que estarán presentes figuras propias das datas como o Apalpador, o Grinch, Papá Noel, a Carteira Real e os reis Magos na tradicional Cabalgata de Reis.

Como novidade celebrase o I encontro inclusivo o día 13 de decembro con expositores informativos de Celta Integra, Amicos, Asdivalu, Contaz e Andaina e haberá tamén actividades pensadas para as persoas de maior idade cun Baile de Nadal o domingo 28 na casa do Pobo do Val Sobral no que non faltarán o cotillón e a chocolatada.

Un programa que contará con sesións vermú, tardeo musical con actuación de Algo pasa con Mey, Demasiadas Luces y Pocas Sombras ou Desconcerto ou co espectáculo de Peter Punk “Nadal chungo que te cagas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará