Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para participar nunha ruta ornitolóxica na enseada de San Simón

ruta

A Deputación de Pontevedra abre este luns 1 de decembro o prazo para participar na próxima ruta do programa Voando nas Rías Baixas deste ano que terá lugar o domingo 14 de decembro nos concellos de Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa. En colaboración coa asociación SEO/BirdLife, esta será a última das sete rutas ornitolóxicas organizadas durante este ano para sensibilizar a poboación sobre os recursos culturais e naturais da provincia de Pontevedra e a importancia de conservar o medio natural.

Na enseada de San Simón a influencia das mareas propicia a invernada de aves acuáticas e mariñas, ademais dunha gran riqueza de contornas arbóreas que a converten nun espazo protexido pola Rede Natura 2000. Ademais do pato asubiador, que ten en San Simón un dos mellores lugares de invernada de Galicia, é posible observar outras aves anátidas e limícolas atractivas.

A Deputación oferta 25 prazas para participar no percorrido pola Enseada de San Simón, e a persoa solicitante poderá inscribirse xunto con tres acompañantes máis. A ruta, na que as e os participantes estarán acompañados por dúas guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife, inclúe un autobús tanto para o desprazamento coma para a visita da zona na que ten lugar a actividade, e recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado. Cada participante terá á súa disposición unha guía de aves, prismáticos e dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará