Fiel ao seu estilo, o alcalde de Vigo acompañou á alcaldesa Digna Rivas no acendido que tivo lugar ás oito da tarde do sábado falando en inglés, dirixíndose ao alcalde de Nova York e salientando a “boa relación persoal e política” entre Redondela e Vigo. Un acendido que supón o arranque oficial do Nadal e que estivo marcado polo mal tempo da xornada.
Logo dun día marcado polas precipitacións, o mal tempo deu un respiro e permitiu celebrar o acto de acendido de luces que tivo lugar na praza do Concello e que contou coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen exerceu de mestre de cerimonia co seu talante habitual. Falando en inglés para dirixirse ao alcalde de Nova York aproveitando “que están enfocando este acendido todos os satélites que rodean a terra” e salientando a boa relación persoal que ten coa súa homóloga en Redondela, fixo a conta atrás que rematou co acendido dos máis de 5.000 metros cadrados de iluminación repartidos en 600 elementos decorativos, 200 arcos e 895.000 luces led. Unha iluminación que destaca principalmente na Alameda Castelao e na praza de Ponteareas, pero que chega tamén ás parroquias.










Unha resposta
Unha mágoa, unha vez máis, se siga organizando un acto festivo municipal, sen un criterio sostible ambiental e culturalmente. Non se recuperan as nosas tradicions propias, e botase por terra toda educacion ambiental e recuperacion cultural que se fai e se ven facendo, dende o concello, outras institucions publicas e asociacions culturais. Veña a celebrar emporcallando o chan, como se os cativos só aprenderan o que pon os libros de texto. Veña luces led, masificacion, Papa Noel e Rudolf! A ver se na Coca poñen unha Barbie e un Harry Poter, na procesion, e alfombras e de cabichas, pipas, e emboltorios de chuches!