Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A reforma do Campo do Choco estará lista no primeiro trimestre de 2026

campo choco obra

As obras de reforma no Campo Municipal de Santa Mariña consistirán na renovación integral dos vestiarios, almacén e outras instalación así como a substitución de toda a iluminación actual por tecnoloxía LED nos campos de fútbol e pistas de tenis anexas. Unha actuación que suporá un investimento de case 250.000 euros e que estará rematada no primeiro trimestre do vindeiro ano.

A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Antonio Cabaleiro, visitaron o Campo de Fútbol Municipal de Santa Mariña xunto a Ramón Castro, da directiva do CD Choco. Os traballos de reforma xa comenzaron para acometer a renovación integral dos vestiarios, oficinas e almacén, así como unha nova iluminación LED. Estas instalacións municipais presentaban un estado de conservación pésimo, xa que teñen varias décadas de antigüidade e ata o de agora nunca se realizaran traballos de mellora nunhas instalación empregadas por preto de 300 rapaces e rapazas.

A reforma incluirá todos os vestiarios, aseos e lavabos, a sala de fisioterapia, zona da lavandaría, sala de caldeira, local social e almacén. Instalarase un novo pavimento, tamén novas xanelas e portas que permitirán un illamento óptimo, renovarase toda a instalación de fontanaría e impermeabilizarase a cuberta para evitar filtracións.

O proxecto inclúe tamén a substitución de toda a iluminación dos campos de fútbol e as pistas de tenis anexas por tecnoloxía LED máis eficiente. Isto vai permitir unha importante redución no consumo eléctrico cun aforro de máis de 30.000 euros anuais.

O proxecto de reforma no Campo de Fútbol de Santa Mariña está valorado en 249.386 euros e finánciase a través do II Plan de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra. As obras estarán rematadas no primeiro trimestre de 2026.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará