Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os populares abandonan o pleno no debate da moción do 25N presentada polo BNG

pp pleno

O PP argumentou a súa decisión de levantarse da sesión plenaria celebrada este xoves no Multiúsos “en protesta contra as agresións verbais que as mulleres do PP sofren por parte do nacionalismo” en palabras de Sandra Bastos. A concelleira do Bloque, Jessica García negou as acusacións e recriminou aos populares por “fuxir, para non ter que debater cuestións vinculadas coa violencia machista cando “eles mesmos perpetúan estes comportamentos defendendo ao exconselleiro do mar acusado de agresión sexual”.

Rifi rafe no pleno de onte a conta dunha moción presentada polo BNG sobre o 25N na que solicitaban, entre outras cuestións, que se aprobara o Plan de Igualdade en Redondela, caducado dende o ano 2016, ou o protocolo ante casos de violencia sexual no municipio pendente da súa realización dende o 2020. Escoitamos á nacionalista Jéssica García.

Jéssica García, BNG

Con todo, o debate deu un xiro inesperado na quenda dos populares. A edil Sandra Bastos anunciou a decisión do seu grupo de abandonar o pleno “en sinal de protesta polo machismo do partido nacionalista e polas constantes e crecentes agresións verbais dos seus cargos contra mulleres do Partido Popular” en referencia ao que cualificou de “ataques verbais machistas vertidas desde as súas filas contra as conselleiras Fabiola García e Ánxeles Vázquez ou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado”.

Antes de marchar do pleno, Bastos afeou a postura do Bloque en relación coas mulleres de quen dixo que “representa a peor política, porque divide ás mulleres en boas e malas segundo a súa afiliación política e cre que só merecen defensa as que pensan coma eles”.

Sandra Bastos, PP

A concelleira nacionalista negaba as acusacións dos populares e argumentaba que “o PP ten que fuxir porque teñen algo moi grave que ocultar” en referencia á investigación en torno ao exconselleiro Villares e a súa suposta vinculación cun caso de agresión sexual.

Jéssica García, BNG
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará