O Concello está a realizar obras de mellora nos camiños dos Barrás, Fonte da Agra e das Coviñas con ampliacións en puntos estreitos próximos a cruzamentos para favorecer a circulación tanto de vehículos como de peóns. Os traballos, que ascenden a más de 30.000 euros, serán financiados na maior parte cos Orzamentos Participativos (21.666 euros), xa que foron as melloras solicitadas polo Consello Parroquial de Cabeiro.
O obxectivo destas tres actuacións é a de “ampliar estas vías de comunicación da parroquia nos puntos de cruzamentos para favorecer a circulación tanto de vehículos como de peóns”.
Estas obras, que ascenden a más de 30.000 euros, serán financiadas na maior parte cos Orzamentos Participativos (21.666 euros), xa que foron as melloras solicitadas polo Consello Parroquial de Cabeiro. Villar explica que foron os representantes veciñais da parroquia os que decidiron facer as obras nestes tres camiños “para mellorar a circulación nestes tres puntos que eran estreitos e que coa reforma permitirán que o paso dos coches sexa máis fluída”. En todo caso, o responsable de Infraestruturas advirte que, en moitas ocasións, este tipo de ampliacións son empregadas polos condutores para estacionar os seus vehículo “o que empeora aínda máis a situación” polo que fai un chamamento a un uso responsable destes tramos para que non sexan empregados como aparcadoiros.









