“Cando sabes convivir, o mundo sabe a igualdade” é o lema da campaña que ten en marcha a Federación de ANPAS en 16 centros educativos do concello e que busca educar en convivencia e diversidade. A campaña desenvolve un conxunto de accións creativas e participativas que inclúen, ademáis do audiovisual elaborado por Sara Lago, unha curta animada cunha estética próxima ás xeracións máis novas, a colocación de lonas en colexios e institutos e un vídeo interactivo para xogar en familia.
A campaña xoga co dobre sentido de saber e sabor para lembrar que a convivencia en igualdade non aparece soa: apréndese, practícase e transmítese e que se desenvolve. Inclúa a curtametraxe de animación, as lonas instaladas no centros educativos e un vídeo interactivo que combina relato, aprendizaxe e participación e que permite a través do xogo experimentar decisións en diferentes situacións de convivencia, favorecendo a reflexión conxunta entre menores e persoas adultas e ampliando o impacto educativo máis aló das aulas.
A coordinadora da campaña, Debora baz do gabinete Amaturi, salienta o enfoque interseccional que define esta campaña, é dicir, que se aborda a igualdade pensando en todas as categorías sociais como son o xénero, a raza, a orientacións sexual, a discapacidade… perseguindo unha igualdade real en todos os ámbitos.
Con vinte anos de experiencia, Baz salienta que todas estas actividades serven para avanzar e crear cambios sociais que están funcionando ben entre os máis cativos. Con todo, alerta de que na secundaria hai un retroceso importante polo que é preciso seguir traballando en accións que combatan as desigualdades
A campaña “Cando sabes convivir, o mundo sabe a igualdade” está subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade, polo Ministerio de Igualdade e polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, reforzando así o compromiso institucional coa prevención das desigualdades e coa promoción dunha cultura de convivencia baseada no respecto mutuo.









