Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas curtametraxes do IES de Chapela premiadas no Certame de cine internacional escolar de Ourense

ies chapela Premio Estou Contigo

As curtas “Estou contigo” baseado no texto homónimo recollido en Made in Galiza  e escrito por Séchu Sende, e “Coma lobos” , relato de Carlos Casares publicado no libro Vento ferido, fixéronse co 1º e 2º premio respectivamente. O xurado destacou ademais das mensaxes dos dous traballos, a súa calidade técnica e estética nunha gala de premios que se celebrou no Auditorio Municipal de Ourense.

O alumnado levou a cabo todo o proceso creativo, pasando da idea creativa e guión, á preprodución, gravación e edición, e posprodución. A elaboración de guións, solicitude de permisos, busca de localizacións, deseño de decorados, vestiario, atrezzo, actuación, rodaxe e gravación, edición… convertéronse en partes dun traballo en equipo onde destacou a ilusión, o compromiso e madurez da mocidade de Chapela.

As curtametraxes, realizadas polo alumnado de 4º de ESO no curso 2024/25 na materia de Proxecto Competencia,  pretenden, por riba de todo “transmitir o amor e o orgullo polo noso, pola nosa identidade e a nosa lingua, e a importancia de posicionarse e non ficar calados diante das inxustizas. A necesidade de defender aquilo no que cremos, mesmo cando isto implique ir contracorrente”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará