División de Honra Prata Feminina: Balonmán Cañiza 24-28 SAR Rodavigo
O SAR Rodavigo deu o golpe da xornada ao vencer na pista do Balonmán Cañiza, que chegaba como líder invicto da categoría. O partido estivo moi igualado nos primeiros 20 minutos (7-7), pero as xogadoras redondelás apertaron en defensa e foron efectivas en ataque para marcharse ao descanso cun claro 9-13.
Tras o descanso, A Cañiza empatou rápido (14-14, min. 37), pero un tempo morto clave da adestradora Verónica Posada o cambiou todo: o equipo recuperou o control, meteu un parcial de 4-10 e chegou a mandar por seis goles (18-24, min. 50). Nos minutos finais as locais apertaron (24-25), pero a SAR mantivo a calma e pechou unha vitoria por 24-28.Triunfo de moitísimo mérito que reafirma que poden loitar pola parte alta da táboa.
A Próxima xornada a afrontan con forza e ilusión. Enfróntanse ao Balonmano Getasur, terceiro clasificado, e outra vitoria pode afianzar a súa capacidade para crecer na categoría.
SAR Impernoroeste 19-27 Bueu Atlético BM
Primeira derrota da tempada en Segunda Autonómica para a SAR Impernoroeste, que caeu na casa ante o Bueu Atlético. As de Redondela comezaron mandando con claridade (5-0), pero Bueu foi recortando e chegou o descanso cun 11-9 favorable. Na segunda parte cambiou todo: as visitantes empataron pronto, aproveitaron os erros locais e dominaron ata o 19-27 final.
Próxima xornada hai un derbi redondelán no Pavillón Municipal Manuel González Soto. O Cíes Obra Civil Balonmán Chapela descansou esta xornada pero xa se prepara para recibir ao SAR Impernoroeste.
CDEC Lavadores Vigo B – Pastoriza Choqueiras
Na mesma liga, As Choqueiras Pastoriza tampouco conseguiron sumar. Perderon na súa visita ao Lavadores Vigo B por 37-21. Colócanse na metade da táboa e a próxima fin de semana reciben ao CP Lucense, pechacancelas da categoría.









