Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mariscando ConCiencias arranca cun programa de obradoiros sobre a pesca artesanal

mariscando cartel

A iniciativa da cooperativa Cidadanía con Amarturmar, Future Oceans Lab (da Universidade de Vigo), Artelixo e o Concello de Redondela “Mariscando conCiencias para o futuro” nace co obxectivo de analizar o pasado e presente do traballo no mar co gallo de camiñar cara un futuro sostible. A primeira das actividades que organizan son uns obradoiros sobre pesca artesanal que se desenvolverán os días 26 de novembro, 3 e 10 de decembro en horario de 18.00 a 20.30 horas na Oficina de Turismo abertos a quen queira achegarse.

O obxectivo é poñer en común “narrativas e accións que extraian aprendizaxes do pasado de cara a un futuro sostible dos traballos do mar artesanais”. Desafíos como o cambio climático estarán moi presentes neste proxecto que se desenvolverá na enseada de San Simón entre 2025 e 2026 e que inclúe interpretacións artísticas, obradoiros de marisqueo e iniciativas de concienciación de recollida do lixo mariño.

Ana González, cooperativa Cidadanía

Grazas a esta iniciativa científicas, mariscadoras e artistas intercambiarán saberes técnicos e populares dun sector tradicional de moito arraigo no litoral galego. Unha proposta que inclúe diversas actividades sendo as máis inmediatas os obradoiros “O pasado da pesca artesanal” con tres xornadas que serán este mércores 26 de novembro, e os días 3 e 10 de decembro. Trátase dun espazo participativo e de conversa entre os asistentes que se desenvolverá en horario de tarde de 18.00 a 20.30 horas na Oficina de Turismo de Redondela. As persoas que desexen participar están convidadas a achegar obxectos, documentos, fotos e outros obxectos vinculados co traballo do mar en Redondela. Por motivos de organización recoméndase confirmar asistencia no teléfono 627 096 062.

Ao longo dos vindeiros meses levaranse a cabo outras propostas como unha colaboración artística con Artelixo, obradoiros para dar a coñecer o oficio do marisqueo entre os máis cativos e cativas e recollidas de lixo mariño.

Unha iniciativa pioneira que recibiu o apoio da Fundación Daniel e Nina Carasso tras ser seleccionada entre máis de 150 propostas de toda España e da que participan diversos colectivos que traballan conxuntamente para idear futuros sostibles para o sector marisqueiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará