As doce do mediodía terá lugar neste 25 de novembro, Día para a eliminación da violencia contra a muller o acto institucional organizado polo concello e que contará coa participación de usuarios e usuarios da asociación Andaina de persoas con diversidade funcional e a asociación Lenda Saúde mental que se encargarán da lectura dos manifestos. Haberá tamén neste acto representación dos centros de día e dos centros educativos do concello. A proposta incluirá unha performance a cargo de Iria Sobrado e o espectáculo “Coida todo o que amas”. A continuación terá lugar a tradicional ofrenda floral na árbore Ginkgo Biloba na rúa salgueiral.
O programa municipal polo 25N continuará este venres coa entrada do premio Sesé Mateo nun acto na oficina de turismo ás doce do mediodía e unha obra de teatro o día 30 a cargo da compañía Talái Teatro e a súa proposta “DeSexo” ás 18:00 horas. Unha propostas escénica enmarcada dentro do primeiro ciclo de teatro Mestra Paulina que inclúe tamén a obra “Sophie” de Redrum Teatro o sábado, 13 de decembro no Auditorio Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas.









