A Banda de Música de Chapela celebra o día de Santa Icia cun concerto de música española que terá lugar este sábado día 22 ás 20:00 horas no Multiúsos do Piñeiral con entrada libre ata completar o aforo.
Esta cita musical conta coa colaboración da banda da escola de Música da parroquia e durante o acto, farase a presentación dos novos músicos que se incorporaron a formación neste último ano.
Dende a Banda de Música animan á veciñanza a achegarse a este novo concerto e aproveitan para agradecer á Escola de Música de Chapela á súa labor de divulgación da Música e a formación dunha excelente canteira de músicos para incorporación a formación musical da parroquia.









