Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oficina de turismo acolle a presentación do “Calendario histórico de Redondela” de Juan Migueles

juan libro

O libro, editado por Alvarellos Editorial e promovido dende Normalización Lingüística, está ilustrado con máis de cen fotografías e presenta a historia local como un calendario de feitos destacados acontecidos no noso concello. Juan Migueles presenta este traballo nun acto que terá lugar este xoves ás 19:30 horas na Oficina de Turismo e que contará coa participación de Xosé Couñago e da alcaldesa, Digna Rivas.  O libro xa está a venda nas librarías a un prezo de 23’90 euros.

O “Calendario histórico de Redondela” ofrece de xeito breve e rigoroso a información recollida por Migueles dende o ano 2008, data na que comezou a investigar e mergullarse en xornais, arquivos e documentación variada co obxecto de dotar de contido o seu blog anecdotarioredondelán. A partir de toda esta información e tras recibir a proposta do Concello centrouse en darlle a forma máis axeitada para “ir encaixando cada dato cunha data concreta do calendario”.

O resultado, un libro divulgativo e ameno que se apoia tamén nas imaxes “máis dun cento de fotografías das máis de 40.000 que atesoura no seu arquivo persoal” e que serven para ilustrar os feitos políticos, culturais e históricos que recolle neste calendario de efemérides acontecidas en Redondela.

Entre todos os episodios atoparemos tamén datos curiosos e sorprendentes como a historia dun veciño de Cesantes que foi presidente do Betis, os rapaces de Cedeira que caeron dende o viaduto e afortunadamente salvaron a súa vida, os coñecidos enfrontamentos das traballadoras de Regojo coa policía ou mesmo as loitas estudiantís dos anos 80 que levaron ao arresto dalgún rapaz da nosa vila. E como non referencias tamén ao noso patrimonio con elementos tan senlleiros como as mámoas dos nosos montes “máis antigas que as pirámides”.

O libro xa está a venda nas librarías a un prezo de 23’90 euros e está prevista unha presentación pública o 20 de novembro ás 19:30 na Oficina de Turismo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará