Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os centros educativos celebran o Día da Ciencia en Galego con “Matemaxia”

matemaxia

A actividade, organizada dende o Servizo de Normalización Lingüística, consiste nunha forma lúdica de aprender e comprender as matemáticas tomando o galego como lingua. O Mago Paco é o encargado de amosar ao alumnado redondelán, por medio da maxia e da divulgación lúdica, os segredos que se agochan tras os números. A iniciativa arrancou nos CEIP de Reboreda e Quintela e  levarase a todos os colexios de Redondela

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que é un xeito divertido de explicar as Matemáticas en galego cunha sesión de maxia “para romper os prexuízos que existen ao respecto do ensino das ciencias en galego”. Esta actividades, co Mago Paco, comezaron hoxe nos CEIP de Reboreda e Quintela, e percorrerán este mes todos os colexios públicos de primaria do municipio.

Rivas lembra que o 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, unha idea que nace despois de que a Consellaría de Educación obrigase por decreto en 2010 a impartir en castelán as clases de Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química no ensino non universitario “como se o noso idioma só servise para facer poesía”. Con esta data preténdese pór en valor o uso do galego, que coma calquera idioma “vale tanto para falar de letras como de números”.

Cada ano, como pasa co Día das Letras, escóllese a un relevante científico a quen homenaxear, e neste 2025 o escollido foi o bioquímico Fernando Calvet (1903-1988), “un absoluto transformador da Universidade”. O profesor foi o introdutor da bioquímica moderna en España, modernizador da química orgánica en Galicia e iniciador da investigación química na USC nos anos 30 do pasado século e pioneiro na aplicación da química á industria. O seu compromiso coa ciencia e con Galicia levouno ao exilio e ao cárcere en 1938. Ao saír da prisión, desde a dirección dos laboratorios Zeltia no Porriño, patentou especialidades farmacéuticas e elaboráronse fármacos hepáticos, insulinas, ou

vitaminas, entre outros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará