Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O relatorio “As tolas que non eran” da historiadora Carmen Valiña abre o programa do 25N en Soutomaior

Carmen-V.-Valinas-1024x768

Baixo o lema Esgotadas, violencias estruturais, Soutomaior lanza a campaña do 25N centrada nas diferentes violencias estruturais (sociais, política, sanitaria, administrativas e legais) que impiden a satisfacción das necesidades humanas básicas sen necesidade de recorrer á violencia directa.

A primeira das actividades será este xoves 20 ás 20:00 horas cun relatorio no que a historiadora Carmen V Valiña falará de cómo a psiquiatría se empregou como xeito de control sobre as mulleres.

Partindo do libro “As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo. 1885-1936” no que Valiña rescata do esquecemento as voces silenciadas de mulleres internadas no hospital psiquiátrico de Conxo entre finais do século XIX e o comezo da Guerra Civil, falarase neste encontro que terá lugar no Multiúsos de Arcade da realidade de mulleres que sufriron o encerro non por enfermidade, senón por ser quen eran: aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Unha dobre condena, social e institucional.

Seguirá a programación o venres 28 de novembro ás 20:00h. coa representación da obra de teatro “Anatomía dunha serea” de Iria Pinheiro e pechará a programación deste ano o 18 de decembro co obradoiro TheExperience, presentación do libro Agotadas de Alba Cobo. Un obradoiro que se expón como unha vivencia artística, corporal e colectiva, que busca explorar o ensaio feminista de Alba sobre o cansazo estrutural que moitas mulleres experimentan e como o descanso pode ser un acto de resistencia. Este obradoiro será de balde e con inscrición previa, do 25 de novembro ao 10 de decembro en https://soutomaior.gal/actividades/

Convocatorio do premio “María á das mil Flores”

Dende a Cnocellería de Igualdade anuncian tamén a convocatoria dun premio que busca recoñecer e poñer en valor iniciativas e proxectos que fomenten e promovan a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e o aporte feminista a vida comunitaria do municipio. O premio terá en conta a contribución á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, as actividades que se desenvolvan preferentemente no termo municipal de Soutomaior, o esforzo persoal ou institucional realizado más aló do estritamente debido, o alcance e repercusión das accións, a participación activa da poboación beneficiaria, a innovación e orixinalidade, o impacto acadado sobre a perspectiva de xénero, as actividades de difusión e comunicación, a labor destacada pola contribución a vida comunitaria e a ruptura de estereotipos sexistas.

As propostas deberán ser presentadas a través do rexistro xeral do Concello con anterioridade ao 15 de xaneiro do 2026.

A directora do CIM, Cristina García e a avogada, Clara Rodríguez xunto a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará