Foto de arquivo do BM Chapela
Na División de Honra Prata, o SAR Rodavigo non puido pasar do empate (24-24) ante o Balonmano Fuentes Carrionas nun duelo directo pola zona media da táboa. As redondelás dominaron practicamente todo o encontro, chegaron a ir catro arriba na segunda parte (16-12, min 36) e ao descanso gañaban 11-8, pero un mal final de partido permitiu ás rivais remontar e mesmo adiantarse 22-23 a falta de tres minutos. Loitaron ata o último segundo e conseguiron rescatar un punto que, pola traxectoria do choque, “sabe a pouco”. A próxima semana xógase un derbi galego: visitan ao Balonmano Cañiza no Polvorín
Segunda Autonómica Feminina
Exhibición das beretes do Cies obra Civil BM Chapela no Pavillón Municipal Manuel González Soto cun contundente 36-9 ante o CP Lucense. Mantéñense invictas tras tres xornadas, con pleno de vitorias, e sitúanse segundas na clasificación con 6 puntos. A vindeira semana visitan ao Balonman Tui.
As Pastoriza Choqueiras Conseguiron a primeira vitoria da tempada na Marisma por un claro 38-28 fronte ao BM Arousa. Suman os primeiros 2 puntos e colócanse na zona media da táboa. A próxima xornada desprazaranse a Vigo para medirse ao Lavadores Vigo B.
SAR Impernoroeste descansaron. Volverán á competición o próximo fin de semana recibindo na Bomboneira ao Bueu Atlético Balonmán.









