Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrota da SAR OPmobility ante o líder

585034801_1402694118532178_476353967646854220_n

Foto de Patricia Rivas (Estación Balonmano)

A SAR OPmobility non puido manter a súa boa racha en casa e caeu por primeira vez esta tempada na Bomboneira (22-29) ante o Poio Artai, líder invicto da Primeira Autonómica. O conxunto de Poio impuxo un ritmo altísimo desde o inicio, con defensas duras, contraataques rápidos e moita efectividade desde os 9 metros. Os redondeláns loitaron ata o final e chegaron ao descanso só catro goles abaixo (7-11). Na segunda parte, o Poio ampliou a diferenza ata o 13-24 (minuto 46), pero a SAR recortou distancias para deixar un marcador final máis axustado e digno ante un rival moi esixente.

Con esta derrota, o equipo baixa á quinta posición da clasificación. A próxima semana visitan ao Calvo Xiria en Carballo para tentar recuperar puntos.

Vitoria do Balonmán Chapela

Na mesma liga, o Balonmán Chapela gañou fóra ao Rasoeiro BM (28-32). Con esta vitoria suman 8 puntos e colocan na sétima posición. A vindeira xornada reciben no Municipal Manuel González Soto ao Noroplaza Atlántico, rival directo co que están empatados a puntos.

Vitoria contundente da SAR Globalmar

A SAR Globalmar volveu á senda da vitoria na Bomboneira tras bater con claridade ao Balonmano Reconquista (30-21). Despois da primeira derrota da liga ante o BM Tui, fixeron un partido moi serio de principio a fin.

Desde o primeiro minuto impuxeron o seu ritmo con boa defensa e ataque fluído. Ao descanso xa mandaban 17-9 e na segunda parte chegaron a ir 12 arriba (28-16). Aínda que o equipo vigués recortou ata o 28-20, nunca houbo perigo real e o triunfo estivo controlado en todo momento.

A próxima fin de semana visitan ao Balonmano Moaña co obxectivo de encadear outra vitoria e manter a boa dinámica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará