Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre saúde mental e novas tecnoloxías no Instituto de Chapela

fotos

A Federación de ANPAS de Redondela organiza dúas actividades centradas no benestar emocional e a saúde mental.  A primeira, centrada nas familias,terá lugar no IES Chapela o 18 de novembro de 18:00 a 20:00 aberta a todas as familias e o público en xeral. Dentro do programa Corresponsables a Federación organiza tamén obradoiros que se impartirán nos centros educativos de Redondela e Pazos de Borbén centrados na construción da identidade e pensados para o alumando de 3º da ESO.

A charla que se celebra este martes 18 está pensada para que nais e pais poidan compartir, reflexionar e atopar recursos para coidar a súa saúde mental na vida diaria. Abordaranse temas como as novas tecnoloxías, a ansiedade e a depresión, as adiccións e o acompañamento emocional dos fillos e fillas. A cita será ás 18:00 horas no Instituto de Chapela e a inscrición están aberta neste formulario e a través do teléfono 610016109.

Tamén pensando na saúde mental a Federación organiza obradoiros para adolescentes dirixidos ao alumnado de 3º da ESO baixo o título “Adolescencia… etapa de ensaios e construción de autonomía. Retos actuais”. O obxectivo neste caso é crear espazos sobre o benestar emocional, a identidade, as relacións e a importancia de coidar a saúde mental así como ofrecer ferramentas para que as e os mozos poidan comprenderse mellor e afrontar esta etapa con confianza.

Ambas as actividades son organizadas pola Federación de ANPAS de Redondela e están financiadas polo Plan Corresponsables a través da Secretaría Xeral da Igualdade e a Xunta de Galicia.

Estes obradoiros se centran na 3ª edición da escola de familias da federación de anpas de Redondela, e neste caso centrados na saúde mental, estes talleres achegaranos criterios e ferramentas para poder desempeñar a tarefa de axudar a medrar con maior seguridade e satisfacción.

A entidade encargada de levar a cabo esta iniciativa pioneira en Galicia é o Centro de Desenvolvemento da Saúde Comunitaria “MarieLanger”, especializado en intervención comunitaria, coa metodoloxía ProCC. Este enfoque céntrase na vida cotiá como un lugar privilexiado para comprender como se relacionan, se vinculan e conviven os integrantes de cada familia dende unha perspectiva de corresponsabilidade.

Estes obradoiros para pais, nais e a comunidade educativa en xeral que comezarán o próximo Martes 18 de Novembro no IES Chapela, teñen a idea de crear un espazo de reflexión sobre os malestares diarios e xerar ferramentas que nos axuden a afrontalos creando un mellor entorno e benestar emocional e polo tanto tendo un impacto positivo sobre a saúde mental dos nenos e nenas pero tamén de todos os membros da familia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará