Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos na Biblioteca Xela Arias de Chapela

ana_carreira

A Biblioteca de Chapela organiza dúas actividades pensadas para os máis cativos que se van desenvolver este venres 14 ás 18:30 horas coa proposta Contos da veciñanza e o venres 21 ás 19:00 horas con Ana Mª Carreira e o contacontos “Eu non quero”.

Contos da veciñanza é a primeira das actividades que terá lugar este venres 14 ás 18:30 horas. Unha actividade a cargo de Beatriz, usuaria da biblioteca, mamá e namorada da literatura infantil, que xa ten ofrecido outras sesións e que se anima a seguir amenizando as tardes dos máis cativos, neste caso cunha proposta pensada para nenos e nenas a partir dos 3 anos que precisa de inscrición previa na propia biblioteca.

Mª José Villar, Biblioteca Chapela

A seguinte proposta será o venres 21 cun contacontos enmarcado dentro das actividades que se organizan dende o concello co gallo da conmemoración do 25N. A encargada de dirixir esta actividade o venres da vindeira semana ás 19:00 horas será Ana Mª Carreira con “Eu non quero” unha sesión pensada para nenos de máis de 3 anos que coñecerán a importancia de loitar pola liberdade e romper cos estereotipos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará