Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Empresarios busca cen mulleres para o seu programa de emprego

emprego

A Asociación comezará a vindeira semana co proceso de selección para acceder a un programa de emprego que busca mellorar as competencias profesionais das alumnas participantes de cara a aumentar a súa inserción laboral futura. Para lograr este obxectivo a formación centrarase en sectores estratéxicos e actividades con alta inserción. O proceso de selección realizarase na rúa 8 de Marzo fronte ás instalacións de Servizos Sociais.

A Asociación de Empresarios vén de anunciar a apertura do proceso de selección para participar no novo Programa Integrado de Emprego 2025/26, unha iniciativa subvencionada pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego mediante un modelo formativo integral, práctico e adaptado ás necesidades reais do mercado laboral. O programa desenvolverase ao longo de doce meses e está dirixido a cen persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Os novos itinerarios do programa inclúen tamén accións de orientación individualizada, asesoramento, técnicas de motivación e coaching para a busca activa de emprego. A formación especializada estará centrada en sectores estratéxicos como a loxística, a industria, o comercio, a atención sociosanitaria e a dixitalización, escollidos pola súa elevada demanda e potencial de contratación na comarca de Redondela. E contará con bolsas de asistencia diaria.

O programa contempla prácticas profesionais non laborais en importantes empresas locais, talleres sobre mobilidade laboral e prospección empresarial, así como accións de emparellamento entre ofertas de traballo e perfís participantes.

Aberto a mulleres desempregadas, conta cunha reserva especial de prazas para colectivos prioritarios como mulleres, maiores de 52 anos, persoas con discapacidade, menores de 30 anos de calquera nivel de cualificación, persoas migrantes con arraigamento socioformativo e persoas en risco de exclusión social.

As persoas interesadas poden dirixirse á oficina de emprego correspondente ou contactar directamente coa Asociación de Empresas de Redondela a través do correo electrónico programas.emprego@empresasredondela.gal ou chamando ao teléfono 986 404 012.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará