A palestina Hanan Kaoud, concelleira de Ramala (Cisxordania) e experta en xénero, visitará Arcade este xoves 13 de novembro ás 19:00 horas, día no que impartirá unha charla no Multiúsos na que compartirá cos asistentes a súa experiencia persoas e política sobre a situación do pobo palestino e o papel fundamental das mulleres na resistencia, a defensa dos dereitos humanos e a construcción da paz.
A visita forma parte dunha actividade do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello de Soutomaior.
Baixo o título “A voz resiliente das mulleres palestinas” o evento busca visibilizar a grave situación que atravesa Palestina, denunciar a ocupación e as violacións de dereitos humanos, promover a solidariedade internacional e reforzar o compromiso dos concellos galegos cunha paz duradeira, apoiando a axuda humanitaria e combatendo a desinformación sobre o conflito.










