Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata a reforma do aparcadoiro do Multiúsos de Chapela solicitada polo Consello parroquial

Aparcadoiro Piñeiral

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade rematou as obras de reforma e reorganización do aparcadoiro superior do Multiusos do Piñeiral do Crego. Os traballos consistiron na mellora do firme, a instalación de barreiras para evitar colisións e a reforma da rampla de acceso ao edificio Multiúsos. Tamén se delimitou unha zona de acceso cun paso de peóns facilitar o tránsito de xeito seguro.

A reforma, segundo explicou o concelleiro responsable dos traballos, Roberto Villar, “permitiu unha ordenación das prazas de aparcadoiro máis eficiente ao tempo que mellora a mobilidade e a seguridade dos peóns nun entorno moi transitado tanto por nenos e nenas, como maiores e persoas con mobilidade reducida”. Mantéñense o mesmo número de prazas de aparcadoiro, con dúas de uso exclusivo para persoas con mobilidade reducida.

O edil salienta que os traballos realizáronse con materiais sostibles, xa que o firme dos aparcadoiros é de xabre compactado, en lugar de formigón, “o que o fai máis ecolóxico e ademais facilita a drenaxe da auga”.

A obra, moi demandada pola veciñanza, colectivos e usuarios do Multiusos, realizouse a conta dos orzamentos participativos da parroquia de Chapela, logo de ser solicitado polo consello parroquial. O edificio Multiusos do Piñeiral do Crego é unha instalación con moito tránsito de veciños e veciños, xa que alberga a Biblioteca Xela Arias, locais de asociacións e colectivos, cursos e obradoiros ao longo de todo o ano, ademais das actividades que se realizan no auditorio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará