Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Incendio” de Mónica Vila gaña o concurso de fotografía do Obradoiro Fernando Monroy

premio Mellor Foto Monica Vila Ferreirós incendio

Foto: Incendio de Mónica Vila

Unha imaxe dun bombeiro loitando contra o lume de fíxose merecedora do premio a mellor fotografía no concurso que anualmente convoca o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy de Cesantes. Os premios entregaranse nun acto que terá lugar no Multiúsos da Xunqueira o domingo 23 de novembro.

O certame, que celebrou a súa XX edición á que concorreron máis de 200 fotografía concedeu o primeiro premio na categoría de adultos a Tirso Fermoselle coa imaxe “Remojando los pies”. O segundo premio desta categoría foi para a fotografía “historias da rúa. Contrastes” de Carla Piñeiro Gómez, mentres que “Piña” de Pablo Falgueras recibiu o terceiro premio.

Na categoría xuvenil Uxío Solla con “luces” recibiu o primeiro premio seguida de “Auga de chuvia” de Ángela Llobet.

Entre as imaxes presentadas polos máis cativos, nenos e nenas de menos de 12 anos, o xurado elixiu o traballo presentado por Xoel Fermoselle titulado “Sol enrejado”.

O obradoiro salienta a calidade das obras presentadas procedentes de toda a comunidade galega así como de Málaga, Toledo ou Logroño e convida á veciñanza a achegarse a entrega de premios que terá lugar o domingo 23  no Multiúsos da Xunqueira nun acto con música a cargo do grupo “Airiños do Mar de Teis”, sorpresas e convite dun chocolate con churros para os asistentes.

Todas a fotografías que participaron poderán verse a partir desa día nunha exposición que arrancará no Multiúsos e que irá percorrendo os diferente centros culturais do Concello.

Mellor Foto “Incendio” de Monica Vila Ferreirós
1º premio Adultos: “Remojando los pies” Tirso Fermoselle Martí
2º premio Adultos: “Historias da rúa. Contrastes I” Carla Piñeiro Gómez
1º premio Xuvenís: “Luces” Uxío Solla Amoedo
2º premio Xuvenís: “Auga de chuvia” Ángela Llobet Hernández
1º premio Infantís: “Sol enrejado” Xoel Fermoselle Carmona
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará