Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos solicita medio millón de euros para modernizar e mellorar as infraestruturas do Concello

pazos obras

O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, vén de solicitar un investimento de máis de 500.000 euros destinado a un proxecto estratéxico para este municipio: a mellora da mobilidade peonil entre o CPI Curros Enríquez e o Auditorio Municipal. Esta actuación busca transformar o corazón de Pazos, creando un espazo máis seguro, accesible e moderno que conectaría o colexio, o pavillón, o centro de saúde e o auditorio.

Un proxecto pensado para mellorar a seguridade da infancia e tamén das demais persoas, eliminando barreiras arquitectónicas e facilitando o acceso ás persoas usuarias do centro de saúde, especialmente ás persoas maiores.

O alcalde destaca a necesidade de colaborar entre as distintas administración para sacar adiante este tipo de proxectos que buscan mellorar o día a día da veciñanza. Salienta que este proxecto permitirá humanizar o centro urbano e reducir o tráfico fronte ao colexio, mellorar a seguridade viaria e eliminar barreiras arquitectónicas, modernizar o alumeado e as infraestruturas básicas e crear un novo espazo de encontro con máis vexetación e zonas de convivencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará