Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco salva tres puntos na casa e o Villar lidera

WhatsApp Image 2025-11-10 at 18.26.51

Foto de Xeila Fervenza

A fin de semana deportiva local deixa un balance mixto pero ilusionante: o CD Choco de Redondela sufriu para gañar 2-1 ao Celanova e coller aire no noveno posto da Preferente. O Atlético Villar resiste invicto como líder con 22 puntos nun empate agónico 1-1 e lidera o podio; e o CD Cesantes consolida o seu dominio no grupo de Pontevedra cun 2-1 ao Salcedo, impulsado polo killer David con 18 goles xa na tempada.

Preferente: CD Choco – Celanova (2-1)

O CD Choco quería esquecer a mala derrota da semana pasada contra o Beluso. Xogaba na casa ante o Celanova, que viña de tres partidos sen gañar. O xogo comezou moi igualado, con cada equipo controlando por momentos, ata que os de Rabadán atoparon un oco atrás da defensa rival. Rosendo marcou o 1-0 e púxose por diante o equipo local, animando a afección.

Sen embargo, Christian empatou rápido para o Celanova. Na segunda parte, o Choco mandou no xogo, pero non acertou coa portería ata o final. No último minuto, Levi fixo o 2-1 con moita garra, levando os tres puntos para Redondela nunha vitoria moi disputada.

Agora, o Choco ten 14 puntos e está no noveno posto, demostrando que pode competir ben nesta liga. A seguinte xornada xogan fóra contra o Cented Academy de Ourense, un conxunto que precisa puntos e que lles vai dar guerra.

Primeira Galicia: CD Sport Team Estrada – CD Arcade (1-1)

Empate a un gol entre o CD Sport Team Estrada e o CD Arcade na Primeira Galicia, nunha visita complicada. O Arcade suma un valioso punto que os mantén no noveno posto con 14 en total. O tanto foi obra de Carlos. A vindeira xornada, o Arcade recibirá ao Marín, o actual líder da competición, nun encontro que promete emoción e oportunidades para seguir escalando.

Segunda Galicia: CD Soutomaior – Moraña CF (3-1)

O CD Soutomaior impuxo a súa autoridade na casa cunha vitoria ampla por 3-1 ante o Moraña CF, na Segunda Galicia. Esta actuación colócaos no oitavo posto da táboa con 11 puntos e permite manter unha boa racha de vitorias –xa van dúas seguidas–. Os goles, obra de Pedro, Sergio e Hugo, foron o reflexo dun xogo dominante e efectivo.

O domingo que vén, os de Soutomaior poderán consolidar esta dinámica positiva se logran superar ao Monteporreiro, o actual líder, nunha saída que será unha proba de solidez.

Terceira Galicia: CD Areosa – Chapela CF (1-2)

O Chapela CF consolida o seu bo momento cunha vitoria sufrida por 2-1 na visita ao CD Areosa. Estes tres puntos impúlsaos ao quinto posto da clasificación, loitando por entrar no podio –a diferenza é de só un punto–. Foi un partido espectacular para o público local, con goles de Joel e Juan I que deixaron o mellor sabor de boca. A próxima xornada, o Chapela recibirá ao Peñasco, terceiros na táboa e un rival de calado. De lograla, entrarían de cheo na loita polos tres primeiros.

Atlético Villar – CD La Guía (1-1)

O Atlético Villar sacou un punto crucial nun encontro cheo de tensión, empatando a un gol ante o CD La Guía. Este resultado os mantén como líderes da categoría con 22 puntos –7 vitorias en 9 xornadas–. O gol de Diego, no minuto 81, foi emocionante e decidiu o empate no límite. A vindeira oportunidade será como visitantes ante o EF Norbert Losada de Vigo, onde poderán seguir defendendo o liderado.

CD Cesantes – SCD Salcedo (2-1)

O CD Cesantes protagoniza unha primeira volta estelar e mantén o liderado no Grupo de Pontevedra da Terceira Galicia cunha vitoria por 2-1 ante o SCD Salcedo. Suman 20 puntos con 6 victorias e dous empates en 8 xornadas, nunha tempada de soñar.

Desta vez, David volveu ser o heroe cun dobrete que eleva o seu peche persoal a 18 goles –de 24 totais do equipo–, cunha media impresionante de 2,3 tantos por partido.

A próxima xornada, os líderes visitarán ao UD Sampayo, nunha proba que servirá para medir a súa consistencia ante rivais directos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará