Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega a Soutomaior a exposición Os Nosos castelos: o Castelo e a súa linaxe

OS NOSOS CASTELOS

O Multiusos de Arcade inaugura este martes día 11 a exposición “Os nosos castelos: Soutomaior. Ou castelo e a súa linaxe” que permanecerá aberta ata o 2 de decembro. Esta actividade, consta de máis dunha ducia de paneis nos que se abordan, entre outras cuestións, o espazo señorial no que se sitúa a fortaleza, a súa evolución arquitectónica, as liñaxes que se forxaron na súa contorna, a súa pegada documental ou as composicións literarias que inspirou a fortaleza.

O Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento (CSIC, Xunta de Galicia) inaugura, o martes 11 de novembro de 2025, a exposición “Os nosos castelos: Soutomaior. O castelo e a súa linaxe”.

A cerimonia de inauguración terá lugar mañá no Multiusos de Arcade, ás 11:30 horas e contará coas intervencións de Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, director do IEGPS; do comisario da mostra, Eduardo Pardo de Guevara e Valdés e do alcalde, Manuel Lourenzo.

Tras o acto inaugural, haberá unha presentación da exposición realizada e, a continuación, entregaranse os premios ao alumnado gañador do concurso de debuxo “Debuxando os nosos castelos” do CEIP Manuel Padín Truiteiro, o Colexio Santiago Apóstolo e o IES de Soutomaior. Posteriormente, terá lugar unha mesa redonda de carácter divulgativo na que se afondará nalgúns aspectos tratados na exposición.

Con esta exposición o IEGPS dá continuidade a unha liña de actuación iniciada en 2021 ao redor de mostras itinerantes sobre castelos, torres e fortalezas de Galicia e a súa contorna xeográfica).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará