Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría de Cesantes recibe 10.000 euros para a rexeneración dos bancos marisqueiros

confraría

O Concello de Redondela vén de asinar un convenio coa Confraría de Pescadores San Xoán por valor de 10.000 euros. Estes fondos destinaranse a rexenerar os bancos marisqueiros con semente de ameixa.

O acordo asinárono a alcaldesa, Digna Rivas, e a Patroa Maior do pósito Nisi Otero. No acto participo tamén o concelleiro de Emprego, Alberto Álvarez. A través deste convenio o Concello de Redondela achega á Confraría unha subvención de 10.000 euros. Estes fondos servirán para a compra de semente de bivalvos, neste caso ameixa xaponesa, para repoboar os bancos marisqueiros nos que faena tanto o marisqueo a pé como a flote. Actualmente a confraría conta con 190 socios e socias.

A alcaldesa puxo de manifesto a importancia de apoiar desde o Concello a este colectivo “que desenvolve unha labor económica fundamental na ría cun traballo artesanal e sostible do que viven ducias de familias do noso municipio”. Rivas destacou especialmente “a gran labor das mulleres no mar, que realizan neste sector un duro traballo moitas veces invisibilizado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará