Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Villar fixa como obxectivo voltar a Segunda

WhatsApp Image 2025-11-05 at 13.48.57

O Atlético de Villar segue intratable e consolídase como líder indiscutible na Terceira Galicia Vigo tras unha vitoria sufrida, pero merecida, ante o Celta Academy B. Con 21 puntos no peto e só unha derrota en toda a tempada, os de Villar levan cinco de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, o CD La Guía.

O adestrador Denis sinala de forma positiva a posibilidade de ascenso para volver a Segunda, aínda que advirte que, a pesar da vantaxe, non poden baixar a garda. “Todos os partidos son complicados”, di, e fai referencia ao último como visitantes contra o Celta Academy B, que rematou nunha sufrida vitoria por 1-3. Nesta liña, o técnico, que traballa a súa primeira tempada á fronte do equipo, subliña o bo labor do seu antecesor, Mon Sanromán: “O adestrador do ano pasado fixo un traballo incrible. Despois de conseguir o ascenso, caímos á Terceira de novo por arrastre, pero eu continuo ese proxecto e aporto a miña particularidade ao traballo defensivo”.

Enfoca os partidos nas tarefas defensivas do equipo, traballando xuntos sen grandes distancias entre os xogadores e as liñas, para pechar a portería de forma sólida. “A pesar de non ser o equipo máis goleador da categoría, só encaixamos cinco goles ata agora: catro deles foron contra o Chapela CF e un nesta xornada contra o Celta Academy B. Do resto dos partidos, deixamos a portería a cero”, explica. Denis tamén destaca a diferenza de esixencia entre categorías: “En Terceira hai rivais moi competitivos tamén, pero en Segunda son todos moi fortes. Aquí, algúns son chavales recén chegados que non están acostumados a xogar en sénior, e aí temos unha lixeira vantaxe porque o noso equipo é bastante veterano, con moita experiencia“.

Esa experiencia é unha das súas grandes fortalezas nesta categoría. A plantilla atópase ben, sen maiores lesións nin baixas, e o equipo cadete —o único da base con que contan nestes momentos— é un gran apoio. Denis subliña que son “o futuro do club e o proxecto que dará continuidade ao sénior”. O club aspira a crecer na base, aínda que recoñece as dificultades derivadas do seu campo de terra, que aínda así asegura o técnico “tamén axuda a gañar partidos”.

A próxima proba será espectacular: recibirán no Campo de San Martín ao CD La Guía, rival directo e un dos favoritos. Un duelo que promete emocións fortes e para o que fan un chamamento á afección. O obxectivo é claro: seguir liderando e regresar a Segunda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará