Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Galiñas en confinamento nos concellos de Redondela e Soutomaior

galiñas

A expansión da gripe aviar obriga a confinar as galiñas de corenta concellos galegos. Entre os municipios afectados, un total de 20 en toda a provincia de Pontevedra, atópanse os de Redondela e Soutomaior. A norma entrará en vigor o vindeiro luns día 10 de novembro e busca reforzar a protección das explotacións avícolas fronte esta patoloxía. Quedan fóra da prohibición os concellos de Pazos de Borbén e Fornelos.

As explotacións e galiñeiros de autoconsumo situados nos concellos de Redondela e Soutomaior non poderán criar aos seus animais ao aire libre a partir do vindeiro luns. A medida do Goberno xurde ante o incremento da gripe aviar e para protexer as explotacións avícolas galegas.

Deste xeito, queda prohibida a cría de aves de curral ao aire libre. Tamén se prohibe a cría de patos e gansos conxuntamente con outras especies de aves de curral.

Só se permitirá manter aves fóra das instalación pechadas se están protexidas con mallas que impidan o contacto con aves silvestre e que se alimentan e beban baixo teito.

Outra das medidas é a prohibición de dar auga ás aves de curral procedente de depósitos aos que poidan acceder aves silvestres, agás no caso que sexa tratada con métodos que garantan a inactivación do virus da influenza aviaria. Ademais, os depósitos de auga situados no exterior requiridos por motivos de benestar animal para determinadas aves de curral, deben estar protexidos suficientemente contra as aves silvestres.

Queda tamén prohibida a presenza de aves de curral ou outro tipo de aves cativas nos centros de concentración de animais como os mercados e certames gandeiros, mostras, exhibicións ou celebracións culturais, así como calquera concentración de aves de curral ou outro tipo de aves cativas.

Estas medidas, que xa estaban en vigor para os 11 concellos incluídos na zona de espacial risco (ZER), refórzase agora para os concellos de zona de especial vixilancia (ZEV). Os xa afectados en Pontevedra eran a Illa de Arousa, Cambados, O Grove, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa, aos que se lles suman agora os concellos de A Guarda, Marín, Meis, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa, en Pontevedra.

As novas normas adóptanse trala análise semanal dos riscos epidemiolóxicos de presenza desta enfermidade a nivel nacional, que poñían de manifesto un aumento do número de casos detectados nas últimas semanas, tanto en aves silvestres como en aves de curral, non só en España, senón tamén en países europeos da nosa contorna.

A diminución previsible das temperaturas nas próximas semanas, así como a existencia nestas datas das migracións anuais de aves procedentes do centro e norte de Europa e de Asia, que pasan por España na súa ruta cara a África, son factores que contribúen a que a situación de risco sexa moi elevada en Galicia e no resto do Estado, motivo polo cal se adoptaron as medidas descritas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará