Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aposta pola reciclaxe coa implantación dun novo modelo de xestión de lixo

souto

O concello vén de adxudicar o xestión do lixo á empresa Urbaser cun novo contrato no que aseguran “se inclúen importantes melloras na prestación e xestión dos residuos”. Ademais da renovación de todos os colectores do municipio salientan a implantación dun sistema dixital para o depósito da materia orgánica no contedor marrón, a recollida de restos de poda a domicilio ou de animais domésticos mortos.

Na presentación do programa “Conscientes, medra en verde” os responsables municipais salientaron que se trata dun “novo modelo de xestión moderno e ambicioso que traerá consigo a renovación de todos os colectores, a implantación de novas illas de reciclaxe e o incremento dos días de recollida”.

Ademais, este novo servizo, traerá consigo o reparto de composteiros individuais gratuítos, un servizo de punto limpo na nave de Urbaser no que se recollerán os residuos voluminosos e a recollida a domicilio de restos de poda. Tamén se implantará un servizo de atención telefónica presencial e unha oficina de atención no núcleo urbano.

Con este novo contrato Soutomaior sumará novos puntos limpos móbiles no concello, a xestión da recollida de animais mortos domésticos ou un novo centro de compostaxe comunitaria que se unirá ao xa existente na zona do Peirao.

Outra das novidades é a implantación dun sistema dixital mediante a xestión de tarxetas que permitirá ter un seguimento telemático da reciclaxe do orgánico no contedor marrón, un sistema dixital que permitirá ter un control do enchido dos colectores así como de accesos ao depósito da materia orgánica no contedor marrón.

O proxecto suporá un antes e un despois no tratamento do lixo no concello segundo explicaron na presentación do proxecto o alcalde Manu Lourenzo, o concelleiro de Medio Ambiente, Pablo Garrido, a técnica de Medio Ambiente en Soutomaior, Sara Teijeira, o xerente de Urbaser, Gustavo Villasuso e o coordinador de Servizos Urbanos de Urbaser, Ismael Bouza.

Dende o Goberno Local tamén fixeron fincapé en que nun momento onde concellos de todas as cores están incrementando a taxa do lixo sen ningún tipo de melloras no servizo, en Soutomaior “fomos capaces de ofrecer un cambio absoluto do modelo do que se beneficiarán ás familias no seu día a día e cun incremento mínimo das taxas do servizo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará