Actos relixiosos, propostas infantís e música centran as actividades organizadas os días 9 e 11 na parroquia de Ventosela co gallo da conmemoración do San Martiño, nun programa no que non faltará o tradicional magosto e que arrancará o domingo cunha sesión vermú amenizada polo grupo Refugallo Rock, cun repertorio cargado de clásicos do rock dos 80 cantados en galego.
Un concerto que terá lugar ás doce do mediodía do domingo 9 na cafetería da Cultural da MIñoteira. Xa pola tarde haberá música co grupo de gaitas os Beretes de Cidadelle, baile moderno co grupo Pasiño de Cabeiro e soarán tamén as pendereteiras Follas Verdes de Vilar. As Zumbeiras actuarán ás sete e media hora despois serán a quenda da Rondalla A Miñoteira. O grupo JB Son actuará ás 21:00 horas nunha xornada na que haberá castañas e viño de balde.
O martes 11, día propio do San Martiño haberá pararrúas coa banda de música de Redondela a partir das dez da mañá e xogos infantís durante a tarde.









