Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Acto de recoñecemento institucional á familia de Humberto Baena, un dos últimos asasinados polo franquismo

Flor Baena 2

A irmá do vigués fusilado no ano 1975, Flor Baena asistiu como representante da familia Baena, xunto coa súa filla Paula Peréz Baena a unha recepción na que recibiu de mans da alcaldesa o Pedrón de Ouro de Redondela e o libro das “Mulleres de San Simón”. Este acto forma parte das actividades da nova concellería de Memoria Democrática que naceu co obxectivo principal de fomentar o coñecemento e a aprendizaxe dos valores democráticos, sobre todo entre as novas xeracións.

Flor Baena, quen impartiu hoxe unha conferencia organizada polo “IES Floriani” para falar tanto do asasinato do seu irmán como do proceso realizado para o seu recoñecemento como vítima do franquismo, asistiu na alcaldía a un acto de homenaxe e recoñecemento por parte do Concello. A alcaldesa, Digna Rivas expresou a “solidariedade coa familia e a importancia que ten divulgar e manter a memoria democrática para que se coñeza a verdade sobre a ditadura, os seus asasinatos e represión, ante o que está acontecendo hoxe cóas mensaxes da ultradereita”.

O vigués Humberto Baena foi fusilado en setembro de 1975, nos últimos meses de ditadura, cando tiña tan só 25 anos. Baena, militante do Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP) foi acusado sen probas de participar nunha acción mortal contra un policía en Madrid malia que nunca se probou a súa participación. En agosto de 2025 o Goberno de España recoñeceuno como vítima da ditadura, declarou ilegal e ilexítimo o tribunal que o condeou a morte e recoñeceu que fora asasinado por motivos políticos e ideolóxicos. En palabras de Flor Baena “agora pon asasinado cando antes puñan asasino”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará