Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Proxecto identidade”, teatro, danza e música no Auditorio de Xunqueira

proxecto

A proposta multidisciplinar chega a Redondela o sábado 8 ás 20:00 horas con entrada a 3 euros que se pode retirar na conserxería do Multiúsos. A obra a cargo das integrantes de Proxecto Morriña, afonda na esencia máis profunda da identidade galega, explorando o noso pasado e as raíces de Galicia. Pretende traer ó presente a evolución da nosa historia, procurando revelar aquilo que nos une como pobo, e os símbolos que constrúen un espírito común.

Unha creación antropolóxica que mestura teatro, danza e música para reflexionar sobre a identidade galega e a súa evolución. A peza aborda a perda progresiva do folclore e da lingua, reivindicando a tradición como espazo de resistencia e transformación.

A obra afonda na esencia da identidade galega a través da fusión da danza tradicional galega coa danza neoclásica e a música contemporánea. A través da teatralidade e do poder evocador da danza, Proxecto Identidade reivindica o valor da nosa cultura como ferramenta de identidade e resistencia. Ademais, esta obra dá voz e foco a figuras femininas fundamentais da cultura galega, utilizando textos de Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro e Pilar Pallarés para traer á escena a súa mirada e forza poética

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará