Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados polo peche de viaxes LOA convocan unha concentración ante a oficina da axencia na Praza de Santiago

loa

A Plataforma, que reúne máis de 60 afectados que tralo peche da axencia o pasado mes de agosto quedaron sen as viaxes que xa tiñan abonadas, convoca este xoves ás 19:15 horas unha concentración diante da que fora a oficina desta axencia de viaxes na Praza de Santiago. Os afectados continúan loitando por recuperar os seus cartos e non descartan que a débeda poida superar os 100.000 euros.

A portavoz da plataforma, Begoña Pérez, explica que nestes meses, logo de que se atopara coa desagradable sorpresa de que quedaran sen cartos nin viaxes, decidiron constituírse en Plataforma así como presentar as denunciar pertinentes na Policía, en Consumo e en Turismo. Contactaron tamén cunha avogada que será a encargada de asesoralos e representalos.

O peche da axencia deixou un regueiro de queixas e denuncias en Redondela. Entre os afectados atopamos dende unha familia que quedou sen viaxe a Canarias, avións a Montevideo ou estancias en Turquía. Ducias de prexudicados que decidiron constituír esta asociación para tentar recuperar o que pagaron unha vez que quedaron sen as tan esperadas e frustradas vacacións.

Malia que non son moi optimistas sobre a posibilidade de recuperar a totalidade dos cartos que lle entregaron ao propietario de LOA para abonar billetes de avión, estancias en hoteis ou viaxes organizadas que nunca chegaron a realizarse, confían en aló menos recuperar parte dese diñeiro.

En todo caso, o seu obxectivo é seguir loitando e a acción máis inmediata que teñen prevista será este xoves cunha concentración ás 19:15 horas ás portas da que durante anos foi a oficina desta axencia de viaxes, actualmente pechada, na praza de Santiago.

Begoña Pérez anima a todos os afectados que aínda non estean na Plataforma a sumarse a este colectivo para “loitar polos nosos dereitos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará