Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións ante unha situación adversas que xa deixou pequeñas incidencias no noso concello. Colectores movidos a causa do vento, rúas anegadas e árbores caídas. Está suspendida a actividade no exterior nos centros educativos e a actividade deportiva federada e do programa Xogade ante unha alerta que afecta ao suroeste da Coruña e ao litoral e Miño de Pontevedra.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a alerta laranxa actívase por precipitación acumulada que pode acadar os 30 mm. nunha hora. Ante as fortes chuvias recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.
Debido á alerta laranxa por choiva, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender este mércores ata as 16,00 horas, as actividades no exterior dos centros educativos de tres zonas: A Coruña Suroeste , Litoral de Pontevedr que incluiría os ocncellos de Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén e Miño de Pontevedra.
Do mesmo xeito, a Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou a suspensión da actividade deportiva federada e as do programa Xogade que se realicen no exterior nestas zonas
Continúa ademais a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra, con vento do sur con ata forza 8 e mar combinada do suroeste con ondas de ata seis metros. A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.










