Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración diante do Centro de Saúde de Redondela en defensa da sanidade pública

centro-saude

A Asemblea pola Sanidade Pública convoca unha concentración o próximo xoves 6 de novembro ás 11:00h fronte ao Centro de Saúde de Redondela, para continuar coa loita cidadá en defensa da sanidade.

O colectivo reitera as demandas máis urxentes e que pasan pola cobertura dos profesionais ao 100% durante todo o ano, a contratación dun médico de familia máis para o Centro de Saúde de Pazos de Borbén,  para poder atenden aos 1700 usuarios, o retorno do  Servizo de Pediatría aos Centros de Saúde de Fornelos e de Pazos de Borbén así como garantir a atención pediátrica no PAC que evite a derivación das Urxencias ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Outra das demandas pasa por esixir unha maior axilidade nas citas de medicina familiar e pediátrica, que non deben exceder das 48 horas “cando na actualidade chegan demorarse nalgúns casos ata varias semanas”.

A portavoz de asemblea, Ana González, insiste en que “a saturación do sistema público de saúde pretende obrigar ós pacientes a acudir a consultas privadas; consultas que, cando o caso é grave, vense derivadas de novo á sanidade pública”.

A plataforma fai un chamamento tanto a profesionais como a usuarios e usuarias dos centros de saúde de Chapela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Redondela a apoiar esta loita social.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará