Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Multiúsos da Xunqueira acolle o espectáculo “Quen ben te quere farache rir”

quen ben te

O espectáculo cómico a cargo das actrices Arantxa Treus, Leticia Costas e Sabela Salgueiro serve para reflexionar sobre as relacións persoais e como facelas sans e respectuosas sen necesidade de que veñan cun manual de instrucións. A actividade chega a Redondela o domingo 9 ás 18:00 horas  da man da Federación de Anpas que volve apostar pola combinación de humor e reflexión para abordar temas fundamentais na educación e convivencia familiar. Entrada libre ata completar aforo

O espectáculo “Quen ben te quere farache rir” é unha actividade que convida a pensar sobre como deberían ser as relacións persoais para que sexan sans e baseadas no respecto mutuo, todo isto cunha boa dose de humor e complicidade co público.

Para iso, xúntanse Arantxa Treus, Leticia Costas e Sabela Salgueiro, tres mulleres que, coa risa como ferramenta, ofrecerán unha mirada divertida pero profunda sobre o xeito no que nos relacionamos: como nos comunicamos, que límites deberiamos coidar, que sinais non debemos ignorar e como construír relacións onde o afecto non doa, senón que faga rir.

Esta actividade forma parte do compromiso da Federación de ANPAS de Redondela por promover espazos de aprendizaxe en positivo, onde se reforcen valores como o coidado mutuo, a convivencia e a prevención de relacións tóxicas.

Inscricións: a través do código QR do cartel ou premendo aquí.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará