Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un millón de euros para a reurbanización do Camiño de Cidadelle en Chapela e a creación de sete miradoiros

cidadelle

A reforma supón un investimentos de máis de 1 millón de euros e permitirá renovar un tramo de mil metros de lonxitude “moi deteriorado e cunha pronunciada pendente” dotándoo de sete miradoiros con zonas de descanso. O goberno local dá así resposta a unha vella demanda da cidadanía logo de rematar a primeira fase da Subida a Cidadelle o pasado ano. A actuación está presentada á convocatoria do Plan Extra 2025 da Deputación para optar aos fondos provinciais para o seu financiamento.

O Concello de Redondela proxecta a reurbanización do Camiño de Cidadelle que incluirá a renovación do firme, a mellora da seguridade viaria e a creación de sete miradoiros con áreas de descanso. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que o proxecto non se limita a unha nova pavimentación, senón que será “unha reforma integral da vía cun novo deseño que favorecerá o tránsito de peóns, porá en valor as vistas panorámicas da zona e creará novas áreas de descanso que serán espazos de encontro para a cidadanía”. Estes lugares de encontro contarán con mobiliario urbano, bancos, arborado e pérgolas e situaranse en lugares estratéxicos ao longo da vía, cada 100 metros aproximadamente.

Digna Rivas, alcaldesa Redondela

O primeiro dos miradoiros situarase no cruce coa Senda da Auga, coincidente co trazado do Camiño de Santiago, onde se dará prioridade aos peóns. O segundo estará uns 80 metros máis arriba, na zona máis horizontal do camiño de Cidadelle. A terceira das áreas de descanso ubicarase onde se sitúa unha fonte e un cruce de camiños. A cuarta das plataformas situarase na curva de enlace co camiño do Avispeiro. O quinto miradoiro será un dos puntos máis singulares, fronte ao centro Sociocultural de Cidadelle, edificio municipal con múltiples actividades ás que acude a veciñanza onde se creará unha nova zona de descanso. A sexta área será no entronque dos camiños do Cuco e da Quinta, onde se construirá outra zona de lecer con elementos vexetais. Por último, na cota máis alta do camiño de Cidadelle instalarase o sétimo dos miradoiros cunha pequena praza no entronque co camiño da Bruxa e a Estrada da Lamosa.

O proxecto , afirma a alcaldesa “é un investimento estratéxico que suporá unha clara mellora na calidade de vida da veciñanza coa mellora das comunicacións no barrio, unha vía máis moderna e segura para os peóns e novos espazos públicos” facendo realidade “unha das prioridades deste goberno: transformar esta zona de Cidadelle para crear os espazos públicos que a veciñanza merece con esta segunda fase que inclúe a contorna do Centro Sociocultural”.

Renovación das redes públicas

Os traballos incluirán a renovación da rede de abastecemento de auga e a de saneamento, coa incorporación dunha nova rede para as augas pluviais. Isto permitirá optimizar o funcionamento da depuradora cunha notable mellora medioambiental.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará