Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O ataúde sen identificar que apareceu no cemiterio de Cedeira estaba baleiro

ceiterio

Foto: Anecdotario Redondelán

Nin ósos, nin cinzas, nin droga… a Policía Nacional procedeu na tarde de onte a abrir o ataúde “non identificado” que aparecera no interior dun nicho e confirmouse que estaba completamente baleiro. Todo apunta que o féretro fora depositado nese lugar décadas atrás xa que a caixa tiña máis de 30 anos de antigüidade. Descártase tamén outra das hipóteses que a veciñanza barallaba no día de onte: que se tratase dunha broma de Halloween.

Malia que as especulacións foron moitas ao longo da xornada de onte tras aparecer unha caixa dentro dun nicho que, segundo os seus propietarios, tiña que estar baleiro, parece finalmente que este macabro achádego sería froito do proceder incorrecto por parte da persoa ou persoas que anos atrás manipularon ese féretro.

Lembramos que os feitos descubríanse na mañá de onte domingo e causaban un rebumbio  importante entre a veciñanza e persoas que acudían nesa xornada a este camposanto. Unha testemuña, que se atopaba no interior do cemiterio, escoitou un golpe que se correspondería co desprendemento da tapa de cemento que recobre habitualmente as bocas dos nichos. Unha vez no lugar descubriuse que no interior deste nicho –que carecía de lápida que identificara ao posible defunto- atopábase un ataúde.

Os propietarios do nicho confirmaron que esa boca non fora empregada pola familia, polo que se puxeron en contacto coas autoridades. Segundo eles mesmos explican, foi tras moito insistir cando lograron que a media tarde se desprazara ao cemiterio unha unidade da Policía Científica que procedeu a abrir o ataúde, comprobándose finalmente que estaba completamente baleiro.

Previamente o párroco xa lles comunicara aos propietarios que a caixa debía ter máis de 30 anos.

A teoría que se manexa é que no seu día, cando se retirou a caixa dalgún nicho quizais para soterrar outra persoa, baleiráronse os restos que contiña e depositouse o féretro, xa sen nada no seu interior, nun nicho ao chou para non ter que transportalo. Unha práctica que non sería correcta pero que tampouco era tan inusual no pasado, segundo lles explicaron aos propietarios que, logo da incerteza vivida onte, xa respiran máis tranquilos unha vez se confirmou que non había nada no interior do ataúde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará