Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vicente Lamas reincorpórase ao goberno local

vicente lamas

O concelleiro regresa a corporación municipal logo da renuncia ao cargo do que fora concelleiro de deportes Iván Valles. Lamas asumirá as concellerías de Limpeza Viaria, Limpeza de Praias, Mercados e Parroquias. Un novo cambio nas filas do PSOE que obrigan a reorganizar as competencias que asume cada un dos concelleiros.

Así a alcaldesa, Digna Rivas, suma a Normalización Lingüística a nova concellería de Memoria Democrática mentres que a concellería de deportes para a mans de Antonio Cabaleiro que continúa ao fronte de Urbanismo, Patrimonio, Transparencia e Novas Tecnoloxías.

O edil Alberto Álvarez incorpora Emprego e Ensino ás áreas de Medio Ambiente, Sanidade, Transición Enerxética e Participación Cidadá e Pedro Villaverde segue como concelleiro de Parques e Xardíns, Feiras e Limpeza e roza de beiravías.

Pola súa banda Iria Vilaboa suma xuventude ás  concellerías de Servizos Sociais, Igualdade, Benestar Comunitario, Persoas Maiores e Infancia.

Non hai cambios nos departamentos de Rita Pérez, responsable de Economía e Facenda, Cultura e Turismo, Persoal, Interior e Seguridade nin tampouco nos do concelleiro Roberto Villar, de AER, quen mantén as mesmas competencias nas áreas de Infraestruturas e Sostibilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará