Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Pazos abre expediente á concesionaria do tanatorio tras detectar “numerosas irregularidades”

tanatorio pazos de borbén

Explican dende o goberno local que “a raíz dunha inspección sanitaria realizada recenetemente no tanatorio detectáronse numerosas deficiencias nas instalacións relacionadas coa limpeza, a seguridade e o mantemento xeral. Ante esta situación, abriuse un expediente para revisar a situación e asegurar “o correcto funcionamento dun servizo público tan sensible como é o tanatorio municipal”

O alcalde Luciano Otero explica que o actual goberno abriu o expediente tras comprobar que a empresa concesionaria podería levar anos incumprindo varias das obrigas establecidas no contrato, tanto no mantemento das instalacións como no pagamento das taxas anuais ao concello. A revisión que se está a levar a cabo busca “garantir a legalidade e o correcto funcionamento dun servizo público tan sensible como é o tanatorio municipal”. Neste sentido, a Secretaría municipal está xa a analizar en profundidade a documentación existente para determinar a situación xurídica da concesión.

O goberno local engade que actuará “con total respecto á legalidade e á presunción de inocencia, pero tamén con firmeza para defender os intereses de todos os veciños e veciñas e asegurar unha xestión transparente dos recursos municipais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará