Un dos residentes no domicilio resultou ferido por queimaduras nunha man. O lume produciuse ás 5 da madrugada de hoxe e, malia que se mobilizaron os servizos de emerxencias, foron os propios inquilinos os que sufocaron o incendio.
O 112 Galicia recibía ás 5 da madrugada de hoxe unha chamada que alertaba dun incendio nunha vivenda na rúa Campo de Fútbol en Redondela. Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Mos así como axentes da Policía Local que, unha vez no domicilio comprobaron que o lume x afora extinguido polos propios residentes, un dos cales resultou ferido con queimaduras nunha man, polo que se mobilizou unha ambulancia e trasladar ao ferido.
O incendio iniciárase nun deshumidificador e afortunadamente non provocou grandes danos pero sí un intenso fume.









