Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para participar no concurso de fotografía do Obradoiro Fernando Monroy de cesantes

concurso fotografía

Un certame que celebra esta edición con dúas novidades principais. A primeira é elevar os premios ata os 1.200 euros. A segunda é a creación dunha nova categoría infantil ata os 12 anos de idade. A idea é fomentar a toma de instantáneas en familia e converter a participación no concurso nunha actividade colectiva.

Como é habitual, ademais dos premios, todas as obras quedarán expostas nos meses posteriores a entrega de agasallos nos diversos centros sociais e culturais do concello de Redondela de forma que as fotografías dos autores terán un longo percorrido no tempo.

O prazo de entrega estará aberto ata o vindeiro 4 de novembro e os puntos de recollida son as tendas de fotografía colaboradoras Cal-3 e Polaris, así como o Multiusos da Xunqueira, en Redondela e o Centro Cultural e Farmacia Muíños, en Cesantes. Outra opción é enviar as fotos ó Apartado de Correos 007, 36.800 de Redondela. É obrigatorio presentar as instantáneas de xeito online (obradoiro@estudoslocais.org) e tamén impreso.

Máis información e bases en www.estudoslocais.org

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará