Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama un paso de peóns en Cedeira e critica o repintado da N-552 que “non mellora a seguridade vial”

n552

O recente repintado da estrada que une Redondela con Vigo, aseguran dende o BNG, non segue criterios de mellora da seguridade viaria para a veciñanza de Cedeira, A Formiga, Rande ou Cabanas xa que “mentres se facilita o acceso a empresas e camións de gran tonelaxe, nega o acceso a camiños veciñais” algo que cualifican de “auténtica cacicada”. Reclaman a instalación dun paso de peóns no tramo entre o Mercadona e a farmacia de Cedeira, unha vía con moitos viandantes que carecen deste servizo.
O voceiro do Bloque Xoán Carlos González pon como exemplo de “falta de criterio no repintado” o que acontece a altura do quilómetro 4 no acceso ao antigo Peirao de Pedra “repintaron con liñas discontinuas para que os camións de grande tonelaxe entren e saian sen problema, despois dunha curva pechada”. Considera que se trata dun paso máis na consolidación desta estrada ao servicio da Autoridade Portuaria que busca converter Rande en almacén de contenedores “ao que nos opoñemos totalmente”.
Pola contra afirma que noutros puntos desta estrada non se tiveron en conta as necesidades de acceso a camiños veciñais o que obriga a que moitos e moitas residentes teñan que realizar “auténticas peripecias”. Fala do acceso ao Camiño da Formiga ou ao Camiño do Cristo “nos que non se plantexou ningún tipo de facilidade que si se tivo fixo coa Autoridade Portuaria”.

Considera discriminatorio que mentres a algún establecemento hostaleiro se lle pintan liñas discontinuas en plena curva para facilitar o acceso da clientela “a outros en plena recta se lles mantén a liña continua, tendo a súa clientela que facer un desprazamento de ata 3 kilómetros”.

Paso Peóns
Entre as demandas que non se tiveron en conta destaca a non creación dun paso de peóns dende a rotonda de intersección en Cedeira, a carón do Mercadona, ata a farmacia da parroquia “nun tramo cun importante movemento peonil que precisa deste servizo, cando hai mesmo recollidas centos de sinaturas neste sentido dende hai anos”.
“Todo isto co silencio do goberno municipal de Digna Rivas, o que deixa ben claro cales son as súas prioridades. Emplazámola a que tire dos seus contactos en Madrid para mellorar a seguridade viaria para os nosos vecinos e veciñas na estrada que une Redondela con Vigo”, remata na súa nota Xoán Carlos González.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará