Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A biblioteca Luís Seoane premiada polo seu programa Biblioverán

Patricia R. Saavedra, Manu Lourenzo, Mar, Diego, Raque e Silvia Cernadas co premio

A Biblioteca de Soutomaior convértese na mellor biblioteca da súa categoría ao recibir o premio “Bibliotecas que inspiran” da Xunta de Galicia polo programa Biblioverán. O alcalde, Manu Lourenzo, recibiu este galardón dotado con 3.000 euros, da man do conselleiro José López Campos, nun acto celebrado na Cidade da Cultura.

Manu Lourenzo destacou a importancia deste premio así como o labor da súa bibliotecaria Patricia R. Saavedra que espalla sempre amor pola literatura en todas as súas iniciativas. Tamén fixo referencia a “Raquel e Diego, almas deste proxecto e os que achegan este servizo todos os veráns as praias do concello de Soutomaior”.

Un recoñecemento que estendeu á veciñanza que fai uso do programa Biblioverán, un servizo a través do cal a Biblioteca Pública Luís Seoane se traslada as diferentes zonas de baño do concello cun programa de actividades de promoción da lectura que ademais do empréstito de libros inclúe tamén propostas como contacontos ou xogos literarios.

Dende a Xunta de Galicia dixeron que Biblioverán supón unha mostra clara do compromiso de Soutomaior coa cultura, e quixeron  agradecer o apoio e a implicación do Concello neste tipo de iniciativas que visibilizan o papel fundamental das bibliotecas públicas como espazos de aprendizaxe e encontro.

O premio trae consigo unha retribución económica de 3.000€. Un galardón que foi concedido na categoría de concellos de menos de 10.000 habitantes polo programa Biblioverán dos anos 2023-2025.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará