Guillermo Lago de 18 anos de idades vén de ser proclamado en Tarragona Mister RNB España. Con este recoñecemento o redondelán convértese en Mister España e loitará agora por facerse co título internacional no certame que se celebrará nos meses de verán do vindeiro ano en Polonia.
Guillermo Lago obtivo a súa banda provincial Mister Pontevedra 2025 hai case un ano e, segundo salientan dende a organización “neste período ten traballado de xeito constante xunto a delegación de RNB Pontevedra para lograr unha preparación integral tanto física como persoal. O seu esforzo, constancia e madurez foron determinantes para destacar esta fin de semana entre os máis de 50 candidatos procedentes de toda España”.
Con tan só 18 anos, Guillermo Lago convértese nun dos Mister España máis novos da historia.









